> Creación de sitios Web

O seu sitio Web é coma unha tarxeta de visita... que se mostra ao mundo enteiro. Para chamar a atención en Internet, basta con ofrecer un deseño moi vistoso. Porén, o éxito da comunicación Web non é cuestión de abraiantes efectos visuais, nin de deseños tan innovadores que impedirían ao lector recibir a mensaxe de maneira adecuada.

O que propoño é un deseño coidado e eficaz que poña de manifesto as ideas, productos ou servizos do cliente. Un deseño ao servizo dos seus desexos e da mensaxe que queira transmitir, con resultados de rendemento optimizado nos distintos navegadores (Internet Explorer, Netscape, Mozilla...).

Por outro lado, se as necesidades do cliente van máis alá do deseño, poderá recorrer a outras posibilidades de desenvolvemento Web. Ben sexa para a creación dun sitio Web, dunha tenda en liña, de servizos de bases de datos, ou para operacións de redeseño ou renovación do aspecto dun sitio creado por fmato.com ou por outro provedor, o cliente terá á súa disposición as enormes vantaxes das técnicas de edición de imaxe e das tecnoloxías Flash, ASP, PHP y MySQL entre outras.

Se desexa pedir presuposto, faga clic aquí.